As imaxes máis recentes

  • M95
  • M96
  • NGC2841
    Galaxia do ollo de tigre
  • NGC2170
    Nebulosa do anxo
  • NGC1555
    Nebulosa variable de Hind
  • NGC1333
    Nebulosa do embrión
  • IC417
    Nebulosa da araña
  • LBN576
    Nebulosa da cabeza de allo
  • SH2-132
    Nebulosa do león
  • SH2-136
    Nebulosa pantasma
  • SH2-101
    Nebulosa Tulipán
  • M88
  • M90
  • LBN531
    Nebulosa da cova do lobo
  • NGC7538
    Nebulosa da lagoa do norte
  • SH2-170
    Nebulosa Pequena Roseta
  • NGC6914
  • MSH2-155
    Nebulosa da cova
  • NGC6543
    Nebulosa do ollo de gato
  • M73

M95


Constelación: León
Data e lugar: 2026/03/22, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h30m


Galaxia espiral con brazos case circulares.

M96


Constelación: León
Data e lugar: 2026/03/22, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h30mm


Galaxia espiral.

NGC2841

Galaxia do ollo de tigre


Nome obx: Galaxia do ollo de tigre
Constelación: Osa Maior
Data e lugar: 2026/03/16, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h30m


NGC 2841 é unha galaxia espiral visible na constelación da Osa Maior, descuberta por William Herschel en 1788. Esta galaxia está situada a aproximadamente uns 48 millóns de anos luz. Dado o tamaño angular aparente, a galaxia ten un diámetro en torno ós 150000 anos luz, polo tanto, é similar á Galaxia de Andrómeda. A galaxia NGC 2841 é o prototipo das chamadas "galaxias floculantes", é dicir, galaxias cuxos brazos espirais son curtos e fragmentados; en particular, os da galaxia NGC 2841 albergan moitas estrelas novas e quentes, cunha baixa taxa de formación estelar. É unha galaxia de décima magnitude clasificada como SA(r)b, é dicir, unha galaxia espiral (SA) cun anel central (r) no que a contribución do núcleo e o disco son equivalentes (b). Ademais, NGC 2841 clasifícase como unha galaxia LINER, é dicir, unha galaxia que ten unha baixa ionización en comparación coas galaxias "normais" da rexión nuclear.

NGC2170

Nebulosa do anxo


Nome obx: Nebulosa do anxo
Constelación: Unicornio
Data e lugar: 2026/02/21, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h30m


NGC 2170, tamén coñecida como a Nebulosa do Anxo, é unha nebulosa de reflexión na constelación de Unicornio. NGC 2170 é unha nebulosa de reflexión poeirenta e un viveiro estelar que se formou hai uns 6 a 10 millóns de anos, situada no bordo da nube molecular xigante de forma elíptica Monoceros R2 (Mon R2), a uns 2700 anos luz de distancia na constelación de Unicornio. De feito, o nome NGC 2170 só se lle dá á nebulosa máis brillante, mentres que en xeral a imaxe mostra unha mestura de tipos de nebulosas. As áreas azuladas son nebulosas de reflexión, chamadas así porque reflicten a luz das estrelas quentes próximas. O tamaño das partículas de po nestas áreas reflicte preferentemente a luz azul. As áreas vermellas son nebulosas de emisión e brillan porque a luz ultravioleta das estrelas próximas excita o hidróxeno e outros átomos de gas da nebulosa, que logo emiten luz propia en cores específicas. Finalmente, o que semella un pouco de tinta negra derramada sobre a imaxe son nebulosas de absorción escura e só se ven pola luz que bloquean. Noutras palabras, a nebulosa escura vese en silueta. Hai signos reveladores de formación estelar en curso e estrelas novas masivas agochadas principalmente detrás do groso po interestelar, que absorbe fortemente a luz ultravioleta e visible. Os ventos enerxéticos e a intensa radiación destas estrelas novas e quentes remodelaron as súas nubes interestelares natais.

NGC1555

Nebulosa variable de Hind


Nome obx: Nebulosa variable de Hind
Constelación: Touro
Data e lugar: 2025/12/29, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h


A nebulosa variable de Hind é unha nebulosa variable situada a 400 anos luz de distancia na constelación de Touro. A nebulosa ten uns 4 anos luz de diámetro. Está iluminada pola estrela T Tauri. A nebulosa de Hind é unha mancha brillante de nebulosidade na que se están formando novas estrelas. Visualmente, cambia de tamaño e magnitude aparentes ó longo de semanas e meses. Varía en brillo debido ó material que ocasionalmente se interpón entre ela e a estrela variable T Tauri. A estrela e a nebulosa forman parte do complexo Touro-Auriga, unha das rexións de formación estelar de baixa masa máis próximas ó Sol. As nebulosas variables varían en brillo porque están iluminadas por estrelas variables. A luz das estrelas centrais escurece periodicamente, o que provoca cambios no aspecto xeral das nebulosas.

NGC1333

Nebulosa do embrión


Nome obx: Nebulosa do embrión
Constelación: Perseo
Data e lugar: 2025/12/26, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h


NGC 1333 é unha nebulosa de reflexión situada na constelación de Perseo, a carón da fronteira sur das constelacións de Touro e Carneiro. A nebulosa é visible como unha mancha neboenta nun telescopio pequeno, e unha apertura máis grande mostrará un par de nebulosas escuras designadas como Barnard 1 e Barnard 2. As estimacións da distancia a esta nebulosa oscilan entre 980 e 1140 anos luz. Esta zona é unha rexión nova de formación estelar moi activa, sendo un dos obxectos mellor estudados do seu tipo. Contén unha xerarquía bastante típica de cúmulos estelares que aínda están incrustados na nube molecular na que se formaron. A maior parte da emisión infravermella prodúcese na parte sur da nebulosa.

IC417

Nebulosa da araña


Nome obx: Nebulosa da araña
Constelación: Auriga
Data e lugar: 2025/12/23, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h


IC 417 é unha nebulosa de emisión e reflexión cun cúmulo estelar incrustado, que forma parte dun extenso complexo de nebulosas H-II e unha rexión de formación estelar na constelación de Auriga. Estímase que a súa idade é inferior a 3 millóns de anos.

LBN576

Nebulosa da cabeza de allo


Nome obx: Nebulosa da cabeza de allo
Constelación: Casiopea
Data e lugar: 2025/11/27, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h55m


SH2-132

Nebulosa do león


Nome obx: Nebulosa do león
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2025/09/14, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3hRGB+7hHa


A nebulosa do león, que semella un felino, está alimentada por dúas estrelas masivas, cada unha con máis de 20 veces a masa do noso Sol. Formada por capas de gas ionizado que se expandiron, a materia enerxética da nebulosa non só brilla, senón que tamén é o suficientemente densa como para se contraer gravitacionalmente e formar estrelas. O tamaño angular da nebulosa do León, oficialmente chamada Sh-2-132, é lixeiramente maior có da lúa chea. Esta icónica rexión gasosa está a case 10.000 anos luz de distancia nunha constelación que leva o nome do rei de Etiopía da mitoloxía grega.

SH2-136

Nebulosa pantasma


Nome obx: Nebulosa pantasma
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2025/07/24, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 7h35m


A Nebulosa Pantasma é unha nebulosa de reflexión situada na constelación de Cefeo. Atópase preto do cúmulo NGC 7023. Mirando a imaxe, o nome da nebulosa enténdese facilmente. A Nebulosa Pantasma ten máis de 2 anos luz de diámetro.

SH2-101

Nebulosa Tulipán


Nome obx: Nebulosa Tulipán
Constelación: Cisne
Data e lugar: 2025/07/17, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h45m


Como todas as nebulosas de emisión, a nebulosa do Tulipán brilla con luz propia debido á intensa radiación ultravioleta dunha ou máis estrelas próximas que ionizan o gas da nebulosa facendo que esta brille. A nebulosa del Tulipán é unha rexión HII, é dicir, o gas que a forma é prácticamente hidróxeno, o cal, ó se ionizar emite luz na zona do vermello e infravermello, por iso ten a cor vermella típica destas nebulosas; ademais, é unha zona onde hai unha intensa formación de estrelas. A nebulosa do Tulipán, que recibe este nome porque a súa forma recorda a esta flor, ten un tamaño duns 70 anos luz, e atópase a unha distancia de nós de 6000 – 8000 anos luz.

M88


Constelación: Cabeleira de Berenice
Data e lugar: 2025/05/29, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 30m


M90


Constelación: Virxe
Data e lugar: 2025/05/29, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 50m


LBN531

Nebulosa da cova do lobo


Nome obx: Nebulosa da cova do lobo
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2025/05/28, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h15m


NGC7538

Nebulosa da lagoa do norte


Nome obx: Nebulosa da lagoa do norte
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2024/09/09, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h


NGC 7538 é unha nebulosa de emisión e reflexión preto da fronteira entre Casiopea e Cefeo. É o fogar da maior protoestrela coñecida. O Observatorio Espacial Herschel tamén identificou 13 masas masivas e densas onde se poderían formar estrelas colosais no futuro, así como un estraño anel de sementes estelares que pode ser o bordo dunha burbulla tallada por explosións estelares anteriores. NGC 7538 está a uns 9000 anos luz de distancia da Terra.

SH2-170

Nebulosa Pequena Roseta


Nome obx: Nebulosa Pequena Roseta
Constelación: Casiopea
Data e lugar: 2024/08/05, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 4h45m


Na zona do ceo da constelación de Casiopea hai unha rexión HII, unha nube de po e gas ionizado (hidróxeno) a uns 7.500 anos luz, na que hai unha intensa formación estelar. Esta rexión HII está formada por unha nebulosa de emisión con numerosas estrelas formadas a partir dela. Sh2-170 é unha nebulosa de emisión, unha nube de po e gas (practicamente hidróxeno, aínda que tamén contén outros gases), onde o devandito gas é ionizado e emite luz. Os gases das nebulosas son ionizados pola intensa radiación ultravioleta dunha ou máis estrelas enerxéticas próximas, o que fai que o hidróxeno perda o seu único electrón (ionízase, neste caso con carga positiva cando se perde o electrón) e emite luz.

NGC6914


Constelación: Cisne
Data e lugar: 2024/07/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 3h15m


No complexo NGC 6914 atopamos os tres tipos de nebulosas: as nebulosas azuis de reflexión, tres en concreto que están no centro da imaxe. Chámanse así porque non brillan con luz propia, senón que reflicten a luz de estrelas próximas, brillando con ese ton azul típico das nebulosas de reflexión; estas nebulosas están rodeadas de toda unha serie de nebulosas de emisión vemellas, as cales si emiten luz, de aí o seu nome. A luz de estrelas cercanas é moi enerxética e ioniza os átomos do gas da nebulosa (hidróxeno), emitindo esa luz vermella típica destas nebulosas. Por outra banda hai tamén varias nebulosidades escuras, as cales nin emiten nin reflicten luz, xa que non teñen estrelas próximas que lles faga emitir ou reflectir luz. Se ben o complexo NGC 6914 é o conxunto de todas estas nebulosas de reflexión, emisión e escuras, NGC 6914 é, en concreto, a cadea das tres nebulosas centrais de reflexión.

MSH2-155

Nebulosa da cova


Nome obx: Nebulosa da cova
Constelación: Cefeo
Data e lugar: 2024/06/04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 2h5m


A grande e tenue nebulosa de emisión Sh2-155 en Cefeo atópase a unha distancia de 2400 anos luz e abarca outros 35 anos luz de diámetro. Caracterízase por unha rica nebulosidade de emisión H-II, sendo a metade norte da nebulosa significativamente máis brillante cá metade sur. Coñecida comunmente como a Nebulosa da Cova debido a unha formación circular preto do centro que se asemella a unha cova, Sh2-155 tamén se caracteriza por unha nebulosidade de reflexión.

NGC6543

Nebulosa do ollo de gato


Nome obx: Nebulosa do ollo de gato
Constelación: Dragón
Data e lugar: 2024-06-04, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 1h


M73


Constelación: Augadeiro
Data e lugar: 2023/09/19, Viana do Bolo
Telescopio e cámara:CT10 Orion, ZWO ASI 2600 MC Pro
Tempo de exposición: 50m